Lei de Verner

En fonética histórica dase o nome de Lei de Verner a unha tendencia fonética formulada en 1875 por Karl Verner que permitiu completar a lei de Grimm sobre a mutación en xermánico e dar conta de aparentes excepcións a esa lei.

K. Verner demostrou que esas excepcións son regulares se se tomar en conta a posición do acento, dado que a pasaxe das aspiradas xordas do xermánico común ás aspiradas sonoras só ten lugar cando a sílaba precedente leva o acento tonal indoeuropeo.

A descuberta desta lei veu apoiar a tese da regularidade das mudanzas fonéticas defendida polos neogramáticos.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search